Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

APOIO DO ALCALDE CON TRABALLO E XUNTANZAS COS VECIÑOS

Folga xeral

29/09/2010

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, comprende os motivos da folga e apoia a convocatoria, de feito ordenou que lle desconten este día do seu salario aínda que continúa a traballar con normalidade.

O rexedor sinalou que "diferentes medios de comunicación me preguntan hoxe qué fai o alcalde de Ribadeo. O alcalde comprende os motivos da folga, apoia a folga ata o punto de que din instruccións para me desconten o día de salario igual que ao resto dos traballadores que secundan esta convocatoria. Pero o certo é que os problemas de Ribadeo non desaparecen nin as cousas pendentes se esfuman dun plumazo porque o alcalde vaia á folga, porque non estea".

Suárez Barcia explicou que "eu estou coma un día máis atendendo aos veciños, recibindo as súas queixas e problemas e tentando resolvelos. Estou no Concello e visitando parroquias para dar solución a estes asuntos que son do día a día e aquí estou unha xornada máis ao pé do cañón".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo