Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto descarrilamento tren

OCORREU EN REME ESTE MEDIODÍA

Accidente ferroviario

14/07/2010

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, visitou este mediodía en Reme a zona na que descarrilou un tren de mercancías de Feve que transportaba aluminio e madeira cara Navia (Asturias) e Ariz. O sinistro ocorreu preto da unha da tarde no punto kilométrico 148,94. O rexedor dixo que os danos son cuantiosos, pero que non houbo que lamentar desgracias persoais.

Suárez Barcia apuntou que "debémonos de congratular ao non ter que lamentar desgracias persoais, tan só hai danos materiais moi importantes ao meu xuizo. Era un tren de carga que levaba aluminio e eucalipto, dos 15 vagóns que traía 10 están descarrilados e a meirande parte deles están por un talude abaixo lindando cunha caliña aquí nun lateral da ría de Ribadeo. Ademáis das dúas locomotoras, unha delas está deitada e a primeira onde ían os maquinistas permanecen na vía. Eles están ilesos, non teñen ningún problema".

O rexedor entende que "a situación foi derivada por unha desviación da vía que non se sabe porque foi ocasionada. Ao sair dun túnel os vagóns encontráronse con esa situación e eso provocou que volcasen. A vía vai estar cortada un tempo importante, sei que Feve para seguir mantendo o servizo de pasaxeiros está resolvendo trasladados en autobús desde Vegadeo ata Ribadeo, aínda que o que haberá que facer será acceder aquí, terá que vir unha locomotora de Galicia sentido Asturias para mover os vagóns que aínda están no túnel e despois coa axuda dun guindastre montado na vía reparar o tramo que falta de ría e izar e sacar de aquí todos os vagóns volcados".

Fernando Suárez considera que "é unha situación difícil, provoca medo estar vendo aquí o panorama, pero afortunadamente non hai que lamentar ningunha víctima e penso que iso é o máis importante".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo