Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

CONTEMPLA UN FONDO SOCIAL CONTRA A CRISE

A debate o orzamento municipal de 2010

14/05/2010

O orzamento municipal para este 2010 someteráse a aprobación nun pleno extraordinario previsto para o vindeiro 18 de maio ás oito da tarde. O alcalde, Fernando Suárez, defíneo como axustado e austero e destaca como novidade a creación dun fondo social contra a crise. O presuposto ascende a máis de 9 millóns de euros.

O rexedor sinalou que "se trata dun orzamento axustado á realidade económica e social e é austero. Neste 2010, e con este xa vai un ano máis, no que non se precisa recurrir ao endebedamente financieiro externo, o Concello desde hai tempo ten que pagar préstamos pedidos anos atrás e non se considera prudente nin razoable endebedarse agora de maneira ordinaria".
Suárez Barcia manifestou que "este orzamento que onte lles foi explicado aos grupos municipais rebaixa o gasto corrente en 140.000 euros e ao mesmo tempo medramos en inversións debido a aportacións externas ben da Deputación, dos ministerios ou da Xunta. Ao mesmo tempo somos conscentes de que os ingresos non son como era nin para nós, nin para ningún Concello e tampouco para ningunha entidade pública deste Estado. Redúcense os ingresos adaptándoos á realidade do que van ser".

O alcalde ribadense suliñou que "a parte de reducir os ingresos, de reducir os gastos, de manter e ampliar a inversión, eu creo que este orzamento plantexa unha novidade con respecto aos demáis desde o punto de vista social, queremos ter un plan de choque, un fondo social de emerxencia contra esta crise que hai, na medida das nosas posibilidades e dentro da nosa capacidade económica. De aí que destináramos unha importante partida coa que queremos que ningún neno nin ningún adulto con membros da súa familia no paro deixe de acudir a aquelas actividades ofertadas polo Concello. Que ninguén deixe de ir á Escola de Música por non poder pagar a matrícula, que ninguén deixe de ir á piscina municipal ou que ningún neno deixe de ir ás escolas deportivas por este motivo". Fernando Suárez asegurou que "esto haberá que regulalo para evitar a picaresca, terá que haber informes dos Servizos Sociais… non queremos facer máis difíciles as situacións familiares, desde o Concello renunciamos a outro tipo de gastos e preferimos adicar unha partida importante a este fondo social contra a crise, que dotaremos dun regulamento claro, transparente e cunha orde de convocatoria".

O rexedor confía en que "nesta situación económica tan mala na que estamos o resto de grupos da Corporación apoien estes orzamentos e aúnen esforzos para cando menos desde o punto de vista municipal, xa que non podemos poñerlle impostos aos que nos xeneraron estes problemas, non podemos apretarlle as clavixas á banca, sí queremos aliviar e paliar o sufrimento de moitas familias do noso concello que se atopan nunha situación francamente mala".

O informe favorable de Intervención a este presuposto recolle que "se observa unha orzamentación de igresos que respeta o principio de prudencia máis que nos exercizos anteriores… obsérvase unha baixada no gasto corrente, gastos financieiros, transferencias de capital e activos financieiros". Intervención di que "de continuar a tendencia que se veu iniciando na liquidación de 2008 poderá falarse xa de recuperación económica máis pronto que tarde".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo