Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

O CONCELLO FIXO TODO O POSIBLE POR CLAREXAR O ACONTECIDO

Despido do director da EMMeD

13/05/2010

O alcalde, Fernando Suárez, decretou o despido do director da Escola de Música, Lourenzo Cruz. O rexedor asegura que a instrucción do expedente disciplinario se fixo con estricta suxeción á legalidade vixente.

O alcalde sinalou que "despois de varios meses de tramitación dun expedente disciplinario, onde o alcalde non tivo participación, porque un non pode ser xuiz e parte e este expedente, segundo marca a lei, levárono uns instructores que son funcionarios do Concello de Ribadeo; despois dunha serie de datos que foron obrando no expedente, de  testemuñas, de antecedentes documentais… despréndese segundo a propia proposta do organismo instructor que, segundo a lexislación laboral do estatuto dos traballadores e toda a xurisprudencia, hai unha serie de cargos fundamentalmente deslealdade e abuso de confianza que son constitutivos de despido".

Suárez Barcia explicou que "se practicaron todas as probas pertinentes sempre co principio de audiencia ao interesado, sempre se respectou a presunción de inocencia e houbo finalmente unha proposta de resolución que se comunicou. Despois procedéuse á presentación de alegacións que xa alcaldía tivo que resolver, foron unhas alegacións que considerei infundadas e o alcalde non creu oportuno apartarse da proposta de resolución que o órgano instructor propuxo, e decretou o despido deste traballador municipal".

O alcalde manifestou que "foron circunstancias desagradables para todo o mundo, creo que a situación do Concello de Ribadeo, da Escola de Música, dos pais, dos alumnos fixéronnos desde o primeiro ata o último momento clarexar todo o que aquí puidera haber, dunha maneira limpa". Fernando Suárez suliñou que "con estricta suxeción á legalidade vixente se estivo a instruir este expedente que derivou nesta situación. Todos somos iguais diante da lei e todos estamos suxeitos a dereitos e a deberes e neste caso actuamos no sentido que se propón no expedente de instrucción asinado. Finalmente dicir que sobre este asunto non vou, en principio, volver a pronunciarme".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo