SON XORNADAS DE INTENSO TRABALLO
Ribadeo presenta en Fitur Mareas vivas nas Catedrais, co obxectivo de desestacionalizar o turismo e de ofrecerlle ao visitante gozar deste emblemático areal dun xeito diferente e sosegado.
A delegación ribadense desprazada a Fitur mantén unha intensa axenda reuníndose con axencias de viaxes e turoperadores que traballan no ámbito internacional co obxectivo de avanzar na desestacionalización do turismo baseándose nos recursos naturais, históricos e culturais.
O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, contou que "hoxe desenvolvemos en Fitur unha intensa axenda de traballo, de entrevistas e de contactos con empresas especializadas, como axencias de viaxes, turoperadores ou receptivos que traballan habitualmente con visitantes e con grupos de ámbito internacional, co obxectivo de avanzar na desestacionalización e no turismo de calidade, para aportar principalmente un maior valor ao noso sector turístico".
O edil ribadense subliñou que "tamén estamos observando o elevado interese que estes profesionais amosan polo produto turístico que lanzamos nestes días, que denominamos Mareas vivas nas Catedrais e que vai permitir a quen nos visita gozar desta praia, que funciona como o noso emblema internacionalmente, dunha maneira diferente, máis sosegada, e rematar no casco urbano de Ribadeo para disfrutar de todos os seus encantos, dos seus establecementos e da súa hostalería".
En Fitur atópanse o alcalde, Fernando Suárez, os concelleiros de Turismo e de Cultura, Pablo Vizoso e Pilar Otero, a técnica de Turismo, Begoña García, e o xerente de Acisa, Jesús Pérez.
Coñece a oferta cultural e os equipamentos de Ribadeo
Consulta o PXOM e outros documentos de interese urbanístico
Promovemos a economía local e o emprego
Infórmate sobre os servizos sociais que presta o Concello
Axúdanos a conseguir un Ribadeo sen discriminacións
Loitamos pola conservación do noso medio natural
© 2008 Concello de Ribadeo