PARA ATENDER AS DEMANDAS DA VECIÑANZA
O Concello vén de instalar catro marquesiñas en Vilaseán e na Devesa. O investimento ascendeu a 11.500 euros, segundo deu a coñecer esta mañá o edil de Medio Rural, Marcos Villamil.
O concelleiro ribadense explicou que "as colocamos nas paradas do bus escolar, atendendo ás demandas da veciñanza desas parroquias".
Villamil subliñou que "o que intentamos foi dar unha resposta rápida ás devanditas demandas porque entendemos que son cuestións importantes para que as nenas e os nenos conten cun lugar de resgardo para esperar polo autobús que os recolle para levalos aos seus centros de ensino".
O edil de Medio Rural indicou que "as instalamos esta mesma semana, logo de que os operarios de obras do Concello fixesen as bases para a súa colocación".
Coñece a oferta cultural e os equipamentos de Ribadeo
Consulta o PXOM e outros documentos de interese urbanístico
Promovemos a economía local e o emprego
Infórmate sobre os servizos sociais que presta o Concello
Axúdanos a conseguir un Ribadeo sen discriminacións
Loitamos pola conservación do noso medio natural
© 2008 Concello de Ribadeo