Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto obras camino

HAI VARIOS PROXECTOS A PIQUES DE REMATAR

Mellora de camiños

03/12/2022

O Concello iniciou xa o programa anual de mellora de camiños. Este é algúns dos proxectos nos que "andamos enfrascados" no  goberno municipal, segundo puxo de manifesto o alcalde, Fernando Suárez, esta fin de semana a través dun vídeo.

O rexedor refírese "a algúns dos moitos proxectos nos que o goberno municipal de Ribadeo andamos enfrascados, tanto na vila como o campo". E anima unha vez máis a mercar no comercio local e a facelo pagando coa Pancha: "non deixedes de mercar no comercio local pagando coa moeda do Concello: a Pancha".

No vídeo pódese ver a evolución das obras de construción das pistas multideporte na mazá interior entre a Avenida de Galiza e as rúas Daniel Cortezón e Pintor Fierros; as obras de fábrica en Santalla de Vilaousende; as obras no barrio da Pega, Veigadaira, Río do Amalló: as obras do carril bici na estrada do Faro e en Campoxurado; o avance da ampliación da ponte de Feve, en Ove, "obras estratéxicas para Ribadeo que executa a Deputación".

Suárez Barcia tamén alude ao próximo remate  das obras da ponte que une Ribadeo con Trabada (Piñeiro e Balboa). E ao inicio do programa anual de mellora de camiños: "aglomerando o camiño de Vilandriz a Vilagoiz, na Devesa".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo