Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

SUÁREZ BARCIA DI QUE SE ATOPA NUN ESTADO LAMENTABLE

Arranxo da N-642

15/04/2010

O alcalde agarda que o Ministerio de Fomento licite xa a reparación integral da N-642 entre Ribadeo e Vegadeo, dado o estado lamentable e perigoso que presenta.

Fernando Suárez lembra que "lévase xa moito tempo reivindicando o amaño da N-624 entre A Veiga e Ribadeo. Este tramo está feito, por decilo vulgarmente, unha porquería. Sabemos que aquí o pleno do Concello xa se pronunciou algunha vez, incluso houbo algún rogo dalgún grupo da oposición requerindo que se demandase ao Ministerio de Fomento o arranxo inmediato da estrada, pero o certo é que o tempo foi pasando e este vial é un perigo para os turismos, para os vehículos industriais, para os motoristas, para os ciclistas… porque o seu firme atópase nun estado lamentable".

O rexedor valora "moito que un dos deputados do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, veña de presentar no día de hoxe unha serie de preguntas ao ministerio para saber si ten pensado arranxar o firme da N-642 e si será antes de que remate este ano 2010. Nós somos conscentes de que hai tramos da N-640, que empeza en Porto e vai por Meira e Lugo ata Vilagarcía de Arousa, que se están amañando na zona de A Pontenova, pero hai outros que fan unha misión imposible circular entre Ribadeo e Lugo por eses viais indo por Meira".

Suárez Barcia insiste en que "é moi perigoso transitar polo treito comprendido entre Ribadeo e Porto e agardo que o Ministerio de Fomento licite dunha vez por todas a reparación integral deste tramo tan importante para Ribadeo e para os veciños da comarca, tanto os da Mariña de Lugo como os do Occidente asturiano".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo