Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto contedor baleiro

E O LIXO EN BOLSAS PECHADAS DESPOIS DAS NOVE DA NOITE

O cartón dentro dos contedores

13/08/2022

O alcalde, Fernando Suárez, fai unha chamada ao civismo e pídelle á veciñanza que deposite o cartón no interior dos contedores correspondentes.

O rexedor comentou que "agora pola tarde observamos unha mostra máis de que comportamentos egoístas acaban prexudicando a toda a comunidade ao tempo que se dá unha imaxe que logo non é a real". Foron detectados casos de contedores de cartón baleiros no interior e con caixas e cartóns depositados fora ao seu carón ou enriba.

Suárez Barcia subliñou que "o servizo de limpeza está estes días traballando a tope e, crédeme, todo o cadro de traballadoras e traballadores están dando o mellor de si para que Ribadeo estea como se merece. O calor e tantisima xente que hai obriga a esforzarse así".

O alcalde considera que "por moito persoal, por moitos contedores, por moitos medios que teñamos, nunca serán dabondo para atallar actuacións egoístas e desafortunadas”. E fai unha chamada á concienciación cidadá: "fagámolo ben. Custa o mesmo e beneficiámonos todas e todos".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo