Ayuntamiento de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto retirada carteis esta tarde

A BRIGADA DE OBRAS RETIROU HOXE VARIOS CARTEIS NA ILLA

Escrito á Autoridade Portuaria

12/08/2022

Na comunicación ponse de manifesto que os informes de control realizados pola Policía Local nos días de onte e hoxe, 11 e 12 de agosto de 2022, constatan a nula vontade do concesionario Eirobra A Mariña SL, de cumprir coa sentencia que permite o acceso pública á Illa Pancha e mais ás instrucións recibidas desa Autoridade Portuaria que foron acordadas co Concello de Ribadeo días atrás.

O rexedor advirte que "á vista dos acontecementos e co fin de non incorrer en pasividade administrativa, por parte das autoridades competentes (Autoridade Portuaria e Concello) cada un dentro da súa parcela administrativa e responsabilidade, que poden chegar a supor unha prevaricación por acción ou omisión penada no código penal".

A Alcaldía de Ribadeo resérvase o dereito, "para o caso de continuar o concesionario na actitude indicada" de dar conta á Fiscalía por desobediencia á autoridade. 

Documentación

+ Noticias




© 2008 Concello de Ribadeo