Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto obras ascensor panoramico

O ALCALDE PIDE COLABORACIÓN AOS VECIÑOS

Ascensor da Atalaia

23/03/2010

Destrozan dun disparo o cristal do ascensor panorámico da Atalaia. O alcalde pide colaboración veciñal para dar co autor ou autores dos feitos. A Garda Civil estáse a encargar da investigación do sucedido. Fernando Suárez agarda que esto se quede nunha mera anécdota.

Fernando Suárez dixo que "debo comunicar á opinión pública unha circunstancia que nun primeiro momento se pode tomar un pouco a risa ou como unha anécdota, ainda que eu creo que pasa do que pode ser unha simple broma. Na tarde de onte souben que ese mesmo día ou o anterior algún desaprensivo, algún gamberro, algún inconsciente efectuou un disparo de bala contra o cristal do ascensor panorámico da Atalaia". O rexedor explicou que "non foi ningún perdigón, ningún balín, senón que é unha bala dado que fixo un furado no cristal duns 8 milímetros e estropeóuno totalmente. A obra non está rematada, non foi polo tanto entregada ao Concello, pero si antes de ser inaugurada xa temos este tipo de actos vandálicos non quero supoñer si a xente desalmada segue nesta idea no que se pode converter esa zona".

Suárez Barcia asegurou que "estiven en contacto coa Garda Civil que está a instruir as dilixencias e a facer as averiguacións oportunas para tentar localizar ao autor destes disparos, que si o que pretenden é protagonismo seguro que o teñen, pero que se andan con moito ollo porque entendo que as forzas de seguridade investigarán a fondo de onde saliu a bala, onde está rexistrada a arma e desde logo paréceme incrible que alguén no seu sano xuizo poida facer esto". O alcalde de Ribadeo agarda que "sexa unha anécdota que debemos sumar a estes actos vandálicos aos que xa nos teñen afeitos de noite, cando parten algunha árbore, algún banco, algún letreiro e agora a esta lista súmase que alguén lle dispare cunha pistola ao ascensor da Atalaia. Quero que si algunha persoa viu algo o comunique ou ben á Policía Local ou ben á Garda Civil de Ribadeo".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo