Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto pintado ruas

O INVESTIMENTO ASCENDEU A 8.000 EUROS

Pintado de rúas

30/06/2022

O Concello realiza estes días un pintado xeral das rúas de Ribadeo coa nova máquina adquirida para facer estes traballos.

A concelleira de Obras, Mónica Freire, explicou que "mercamos unha máquina de pintado para o servizo de obras e estámola a estrear estes días nas rúas de Ribadeo. O investimento que realizamos foi de 8.000 euros".

A edil ribadense contou que "empezamos a pintar os pasos de peóns, dándolle así prioridade á visibilidade e á seguridade viaria, tanto dos peóns como dos condutores. Aproveitamos para realizar estes traballos de pintado no verán porque é o mellor momento para facelo, xa que precisamos tempo seco".

Freire Rancaño engadiu que "queremos deixar case todo listo para a celebración do vindeiro Ribadeo Indiano. Ademais de mellorar a visibilidade e a seguridade queremos ter a nosa vila o mellor posible nesta época na que nos visitan milleiros de persoas".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo