Ayuntamiento de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto piso rua Reinante

CONTINENTE E CONTIDO SUMAN UN TOTAL DE 151.228 EUROS

Nova visita ao piso da rúa Reinante

23/06/2022

O Concello organiza unha nova visita colectiva ao piso da rúa Reinante, que fora propiedade de Francisco Moreda e que se pretende allear. Será o 28 de xuño ás dez da mañá.

Aquelas persoas interesadas en licitar deberán poñerse en contacto, a través do correo electrónico de contración do Concello de Ribadeo non máis tarde do día anterior ao determinado para a visita. E deberán aportar os seguintes datos: nº e título do expediente obxecto de visita, data en que se efectúa a solicitude, razón social da empresa ou nome do interesado, dirección de correo electrónico, nº de teléfono ou de fax, nome da persoa de contacto na empresa e nº de persoas da empresa que acudirán á visita, xunto cos seus datos persoais e fotocopia do DNI.

Todo esta información atópase colgada no perfil do contratante do Concello de Ribadeo. 

A visita realizarase ao segundo andar do inmoble nº20 da rúa Reinante e ao 50% do faiado dese edificio. Desta volta o prezo baixou sensiblemente desde a primeira vez e agora o continente é 131.859 euros e o contido ascende 19.369 euros. Continente e contido suman un total de 151.228 euros. Débese ter en conta que o piso ten unha superficie de 244 m2 e o faiado de 102 m2

A contía económica resultante da venda deses bens destinarase á reforma do Hospital Asilo, tal e como indicou Francisco Moreda ao deixarlle a súa herdanza ao Concello ribadense.

+ Noticias




© 2008 Concello de Ribadeo