Ayuntamiento de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto decoracion

TAMÉN DURANTE O MES DE XUÑO

Segue o Renacer do Cantil

24/05/2022

As actividades do Renacer do Cantil, organizadas pola Concellaría de Turismo, seguen a ter moi boa acollida. O vindeiro sábado, 28 de maio,  terá lugar a Xeoruta dos Pregues, que dará comezo ás 11 da mañá en Piñeira.

Fran Canosa será o encargado de guiar esta actividade. Os participantes visitarán unha das maiores estruturas xeolóxicas da Mariña lucense, o gran pregue que se estende desde a ría de Foz ata a ría de Ribadeo e que se xerou hai máis de 350 millóns de anos. 

Tamén foi en Piñeira onde o pasado sábado se desenvolveu A vida no cantil cos cinco sentidos. Xurxo Mouriño, biólogo profesional da Bioloxía da Conservación da Natureza, propúxolles aos asistentes un paseo de campo para coñecer aos seus habitantes a través dos sentidos: as herbas e as flores, os paxaros, os insectos e anfibios. 

Para as fins de semana do vindeiro mes de xuño están programados Baños de cores, Artesanía de namorar, Arte no Cantil e mapas sonoros (taller para nenxs) e tamén espectáculos ao aire libre a cargo de Os Quinquilláns Teatro.
A participación en todas estas actividades é gratuíta.

+ Noticias




© 2008 Concello de Ribadeo