Ayuntamiento de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto escolas deportivas Ribadeo

FREIJE FIXO UN BALANCE POSITIVO DO TORNEO DA SD RIBADEO

Escolas deportivas de verán

23/05/2022

As escolas deportivas de verán do Concello de Ribadeo ofertan un total de 91 prazas en catro modalidades: pesca deportiva, piragüismo, surf e vela. O prazo de inscrición estará aberto do 24 ao 31 de maio. En caso de haber máis demanda que prazas ofertadas o acceso será por sorteo, que tería lugar o 2 de xuño. As escolas foron presentadas hoxe polo concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, e polo técnico municipal de Deportes, Iván López.

O edil ribadense dixo que "outro ano máis convocamos as Escolas Deportivas de Verán do Concello de Ribadeo. Hai catro especialidades: pesca deportiva, surf, piragüismo e vela. En total son 91 prazas e a matrícula estará aberta do 24 ao 31 de maio. O prezo da matrícula son 40 euros. Se en calquera desas especialidades hai máis solicitudes que prazas sortearanse o día 2 de xuño”. E engadiu que “as escolas estarán en funcionamento en xuño, xullo e agosto".

Balance Torneo SD

Díaz Freije tamén fixo un balance positivo do XIII Torneo Infantil de Fútbol da SD Ribadeo, que se disputou a pasada fin de semana e que trouxo á vila a 400 nenos chegados de Cantabria, Asturias e diferentes puntos de Galicia. O edil destaca o impacto económico deste tipo de eventos na hostalería e no sector turístico locais: "os torneos que organiza a SD Ribadeo son importantes tanto para os rapaces, porque é un impulso para eles pois motívaos participar neste tipo de eventos, como para a vila, porque é un impulso económico e turístico, sobre todo para a hostalería".

+ Noticias




© 2008 Concello de Ribadeo