Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto Aceas

ESTARÁN REMATADAS NUNS DÍAS

Obras no paseo das Aceas

21/01/2022

O Concello de Ribadeo realiza estes días traballos de mantemento e seguridade no paseo das Aceas, preto da Casa das Algas, co fin de evitar esvaróns ou caídas ocasionadas pola choiva ou pola xeada. Operarios municipais están a instalar unha malla antideslizante nesa zona.

O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, contou que "estes días estamos a facer unhas labores de mantemento no acceso ás Aceas, nun tramo que no que hai varanda bastante importante na Vilavella, onde empeza o tramo das Aceas, ese paseo tan bonito que temos aquí no concello de Ribadeo".

O edil ribadense subliñou que "son labores de mantemento e de seguridade. Estamos instlando unha malla para que todos eses esvaróns que había e incluso caídas que houbo, procurar que non se volvan repetir. É unha malla de bastante seguridade, antideslizante para pavimentos de madeira e incluso para sendeiros, pasarelas e escaleiras".

Díaz Freije sinalou que "o estamos instalando con persoal propio da Concellaría de Obras. Pretendemos que ao longo da semana que ven acaben os traballos desta labor que creo que é importante no eido da seguridade para os viandantes que usan esa zona de paseo ou de esparexemento, tanto andando como en bicicleta ou correndo. Esperemos que eses inconvintes que había queden xa superados deste xeito".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo