Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto barrio San Miguel

OS TRABALLOS FORON SUPERVISADOS POLO EQUIPO DE GOBERNO

Barrio de San Miguel

03/12/2021

Están a rematar as obras no barrio de San Miguel e mais na rúa Antonio Rodríguez Darriba, que supoñen un investimento de 46.000 euros.

O alcalde, Fernando Suárez, explicou que "están a rematar as obras no Barrio de San Miguel e máis da Rúa Antonio Rodríguez Darriba. Nestes días estamos a botar o aglomerado asfáltico logo dos traballos preparatorios e de acondicionamento previos que estivo a facer a empresa Deymet, que é a adxudicataria destas obras tan necesarias que ascenden a uns 46.000 euros. De feito, este barrio había moitos anos que non tivera ningunha actuación de mellora".

E engadiu que "agora, só queda pendente a execución da sinalización vertical, horizontal e a colocación de varias árbores nesta contorna. Estas obras son importantes, tanto para a veciñanza como para os visitantes xa que se trata dunha importante zona de paso cara ao Cargadeiro e a estrada do Faro e tamén para o porto. E tamén queremos dicir, que todo isto é unha parte do barrio, polo que para o ano continuaremos na parte pendente".

As obras foron supervisadas polo alcalde, Fernando Suárez, e polos concelleiros de Medio Ambiente, Turismo e Obras, Jorge Díaz, Pablo Vizoso e Mónica Freire.

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo