Ayuntamiento de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto Playmobil

ENMARCADA NA PROGRAMACIÓN "O CONCELLO COS COLES"

Mostra de Playmobil

24/11/2021

Éxito de visitas á exposición de Playmobil, que se pode visitar na Oficina de Turismo de Ribadeo ata o 8 de xaneiro. "Os viquingos desembarcan en Ribadeo" recrea incursións e tamén asentamentos viquingos na nosa contorna próxima.

A semana pasada comezaron as visitas de grupos de alumnos que mesmo trouxeron aos seus pais e nais pola tarde para ensinarlles a exposición e o que aprenderon da visita guiada.

Esta mostra ten unha parte lúdica –arredor destes bonecos tan coñecidos- e outra didáctica, para que pequenos e grandes saiban máis da historia da comarca: quen eran os viquingos, como era a súa cultura, de onde viñan, por que lles interesaba esta zona…

A exposición de Playmobil, que se enmarca na programación O Concello cos coles, estará na sala de Turismo de Ribadeo ata o 8 de xaneiro.

+ Noticias




© 2008 Concello de Ribadeo