Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto venda parcelas

SON 55 QUE OCUPAN MÁIS DE 114.000 METROS CADRADOS

Á venda as parcelas do polígono

18/02/2010

Desde mañá e ata o 6 de abril estará aberta a fase de precomercialización das parcelas do parque empresarial de Ribadeo. SEPES estima que en maio estea resolta a adxudicación e comunicada aos seus propietarios. En total póñense á venda 55 parcelas que ocupan 114.856 metros cadrados. O prezo do metro cadrado oscilará entre os 75 e os 109 euros. O alcalde fixo un chamamento aos portavoces municipais para que se convertan en axentes comerciais do polígono industrial.

O rexedor lembrou o traballo realizado polos seus antecesores no cargo José Carlos Rodríguez Andina e Balbino Pérez Vacas, para que o parque empresarial sexa hoxe unha realidade e tamén se referiu ao acordo asinado por SEPES, EON e a Consellería de Industria do bipartito para a conseguir o subministro eléctrico. Fernando Suárez reiterou na súa comparecencia desta tarde que "o de Ribadeo é un polígono punteiro porque está moi ben situado, atópase ao pé da A-8 e da vía de FEVE e moi preto do porto comercial".

O alcalde pedíulles aos portavoces municipais, presentes no acto celebrado esta tarde na Casa do Concello, que "debemos ser uns axentes comerciais deste polígono industrial. Sabemos que non son moitas as parcelas, sabemos que os prezos son os que son, pero é o mellor polígono industrial en moitos kilómetros á redonda. Pídovos a todos que señamos uns auténticos axentes comerciais polo ben de Ribadeo. Creo que debemos conseguir que se vaia vendendo todo, que todo o que se asente sexan iniciativas que xeneren postos de traballo porque a situación económicamente desde o punto de vista global non é boa". Suárez Barcia considera que "esto pode ser un balón de osíxeno para Ribadeo, polo tanto gustaríame que todos fixésemos labor comercial para conseguir colmatar  este parque empresarial o antes posible coas empresas de maior calidade".

Pola súa banda, a directora de Promoción y Desarrollo de Sepes, Cristina Álvarez Campana, suliñou que "los precios son competitivos ya que representan, además de la cuantía económica correspondiente, sus accesos, su fachada, la calidad del producto de SEPES… Se mueven entre una horquilla que va desde los 75 a los 109 euros por metro cuadrado". Álvarez Campana destacó que "las condiciones de venta son inmejorables, sobre todo en estos momentos en los que hay dificultad en acceder a la financiación. SEPES apuesta por los proyectos empresariales, porque se genere inversión, riqueza y empleo y para eso facilita el acceso a la compra de parcelas mediante una financiación a 10 años a un 5% de interés. Es un primer paso para que cualquier interesado en iniciar un proyecto empresarial pueda encontrar el apoyo de SEPES sin necesidad de acudir a ninguna entidad financiera específica".

Sobre a posta en marcha da subestación eléctrica que dará abastecemento ao polígono industrial de Ribadeo e á Mariña Oriental, os técnicos de SEPES aseguraron que hai un acordo asinado coa compañía eléctrica que garante o subministro a todas as empresas que se vaian montando mentras se constrúe dita subestación. Estiman que estea lista en menos de dous anos, a finais de 2011 ou principios de 2012. Pola súa banda, o alcalde, Fernando Suárez, dixo que a semana pasada falou deste asunto xo xefe territorial de Industria e que éste "me asegurou que na Xunta son conscientes da situación e que están apurando todo ao máximo. Nos vindeiros días sairá a exposición pública a traza da liña de alta tensión. Eu non atopei nesta conversa resquicios de que poida haber problemas".

Os técnicos de SEPES lembraron que o investimento realizado polo Goberno de España no parque empresarial de Ribadeo ascendeu a 10,5 millóns de euros.

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo