Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto barrio San Miguel

FREIRE AGARDA QUE REMATEN A PRINCIPIOS DE DECEMBRO

Obras no barrio de San Miguel

20/10/2021

O Concello iniciou as obras de acondicionamento no barrio de San Miguel, que supoñen un investimento de 46.000 euros e un prazo de execución de dous meses.

A concelleira de Obras, Mónica Freire, lembrou que "levamos un tempo recollendo moitas demandas da veciñanza desta zona de Ribadeo e sabemos que se trata dun barrio que leva sen actualizar desde os anos 80 e que se atopa en mal estado, polo que entendemos que é prioritario actuar sobre este espazo".

A edil ribadense dixo que "as actuacións que contempla este proxecto inclúen o aglomerado das vías deste barrio de San Miguel e da rúa Antonio Rodríguez Darriba, xunto coa colocación de mobiliario urbano (bancos e papeleiras), a mellora na sinalización horizontal e vertical e tamén a humanización do espazo coa plantación de varias árbores. E ensancharase o corredor lateral de Antonio Rodríguez Darriba, aplicarase un rego de imprimación nos tramos asfaltados previo á capa de aglomerado asfáltico". 

Mónica Freire considera que "estas actuacións servirán para mellorar esta zona, tanto para a veciñanza como para os visitantes, xa que se trata dunha importante zona de paso cara ao Cargadeiro e cara a estrada do Faro e tamén para o porto". E subliñou que "estas obras son a primeira fase das que se acometerán neste barrio, xa que xa se está traballando para poder actuar no resto".

A concelleira de Obras agarda que "estes traballos, que se inician estes días, rematen a comezos do mes de decembro".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo