Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto manifa

CON SAÍDA ÁS 12 DESDE A CRUZ VERMELLA, EN VIVEIRO

Manifestación, mañá

16/10/2021

O equipo de goberno do Concello ribadense amosa o seu apoio á manifestación que se celebrará mañá, domingo, en Viveiro baixo o lema "Futuro para A Mariña".

Desde o equipo de goberno aluden á destrución de emprego na comarca e á preocupante situación pola que atravesan empresas como Vestas ou Alcoa,"algo que ocasionará que moitas veciñas e veciños da Mariña teñan que marchar na procura dun futuro mellor para eles e para as súas familias".

Ademais refírense á falta dunha política industrial que palíe esta situación e ás carencias que presentan as infraestruturas na Mariña "para poder competir en igualdade de condicións con outros territorios".

E engaden que "para demandar políticas que freen a destrución do emprego, para reclamar investimentos en servizos como a sanidade ou o ensino e tamén en infraestruturas co obxectivo de atender as necesidades da Mariña e da súa veciñanza, amosamos o noso apoio á manifestación convocada para mañá, 17 de outubro, en Viveiro baixo o lema “Futuro para A Mariña” e animamos ás veciñas e aos veciños de Ribadeo a participar na mesma".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo