INICIATIVA PROMOVIDA POLO NÚCLEO DE SOSTIBILIDADE
O Concello prepara o plan de mobilidade urbana para establecer formas de desprazamento máis sostibles. O edil de Medio Ambiente suliña que vai priorizar o espazo transitable para minusválidos, peóns e ciclistas. A iniciativa lévase a cabo desde o Núcleo de Sostibilidade de Ribadeo.
Horacio Cupeiro anunciou que "desde o Concello de Ribadeo estamos a preparar o plan de mobilidade urbana. É unha iniciativa promovida a través do Núcleo de Sostibilidade co ánimo de establecer formas de desplazarse máis sostibles, empregando modos de transporte máis eficientes e reducindo o impacto do desprazamento sobre os cidadáns e sobre o medio ambiente".
O concelleiro nacionalista asegurou que "o que se pretende con este plan é potenciar a mobilidade non motorizada, así como favorecer o transporte público ou compartido e incidir en colectivos que conflúen no mesmo destino, ademáis de contribuir á mellora da calidade de vida dos residentes e dos visitantes do noso concello, que ao final é realmente o máis importante".
Segundo Cupeiro "a preparación do plan require a participación cidadá en todas as fases para recoller información documental, opinións, percepcións e valoracións dos principais colectivos e entidades do noso concello. Imos comunicarllo ao persoal do Concello, á policía local, a urbanismo, a desenvolvemento sostible, a cultura, a educación, a igualdade, a xuventude e deportes, aos taxistas, autobuses e transportistas, aos clubes ciclistas, aos grupos de montañismo e sendeirismo, aos comerciantes, a centros comerciais, centros de ensino, apas, gandeiros, asociacións veciñais e de amas de casa do concello".
O responsable de Medio Ambiente sinalou que "con este plan intentamos priorizar o espazo transitable para minusválidos, peóns e ciclistas sobre o tráfico rodado. E ademáis contemplaremos a mobilidade no futuro tendo en conta o PXOM. É un bó momento para facer este plan de mobilidade, porque tamén estamos no proceso de elaboración do plan xeral de ordenación municipal". Novotec será a empresa encargada de elaborar este plan de mobilidade ao longo deste ano, un proxecto ao que se destinan na anualidade de 2010 do Núcleo de Sostibilidade arredor de 30.000 euros.
Coñece a oferta cultural e os equipamentos de Ribadeo
Consulta o PXOM e outros documentos de interese urbanístico
Promovemos a economía local e o emprego
Infórmate sobre os servizos sociais que presta o Concello
Axúdanos a conseguir un Ribadeo sen discriminacións
Loitamos pola conservación do noso medio natural
© 2008 Concello de Ribadeo