Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto convenios Cultura

O CONCELLO TAMÉN PRESTA APOIO LOXÍSTICO A ESTES COLECTIVOS

Asociacións culturais e deportivas

29/09/2021

O salón de plenos do Concello acolleu o acto de firma dos convenios das subvencións nominativas concedidas a 12 asociacións educativas e culturais de Ribadeo neste ano 2021. O montante ascende a máis de 28.000 euros. Asistiron o alcalde, Fernando Suárez, e a concelleira de Cultura, Pilar Otero.

O rexedor subliñou que "son en total uns 28.650 euros de diñeiro público que o damos gustosamente porque as actividades que facedes nos eidos cultural e educativo parécennos moi importantes. Por iso o consignamos en cada orzamento no apartado de gastos porque nos parece un investimento: investir en cultura e educación é sempre un investimento, non un gasto".

A edil de Cultura dixo que "desde Cultura sempre apoiamos calquera acción que nos propoñades, tamén a nivel económico. O apoio loxístico tamén son cartos porque hai persoas que están aí traballando e teñen as súas horas, que hai que pagarlles, ademais de espazos e incluso apoio económico para outras actividades que ás veces desenvolvedes fóra da subvención. Entón sempre que queirades sabedes que tedes as portas abertas e sempre que poidamos habemos axudarvos".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo