Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto Canelita

MARILUZ ÁLVAREZ DIXO QUE A XORNADA FOI UN ÉXITO

Vencedores de Orienta Ribadeo

28/09/2021

Porcos Bravos e Canelita foron os gañadores de Orienta Ribadeo, a proba de aventura familiar que organizou a Concellaría de Mocidade.

Un total de 140 persoas, divididas en 32 equipos compostos por familias con menores de 12 anos e tamén en grupos de adultos, se deron cita este pasado domingo en Orienta Ribadeo, unha proba de aventura familiar, organizada pola Concellaría de Mocidade. A edil Mariluz Álvarez Lastra cualificou de éxito rotundo a convocatoria e agradeceu a participación a todos os asistentes.

Porcos Bravos foron os vencedores na categoría de maiores e Canelita na de nenas e nenos.

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo