Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto Ler conta moito

A VINDEIRA SESIÓN SERÁ O 30 DE SETEMBRO

O Concello cos Coles

23/09/2021

Os xoves de setembro segue en Ribadeo o ciclo o Concello cos Coles, que deu comezo o pasado día 16 e seguiu hoxe.

Segue o ciclo o Concello cos Coles. Máis de 100 nenas e nenos de Primaria dos dous colexios de Ribadeo asistiron hoxe, xoves, no Teatro a unha representación de Os Ghazafelhos titulada A máquina do tempo. A actividade, organizada pola Biblioteca Municipal, enmárcase  dentro do programa Ler conta moito, da Xunta.

O vindeiro xoves, 30 de setembro, volverá o ciclo o Concellos cos Coles. Moc Moc Mere Clown chegará ao Teatro de Ribadeo con A verdadeira historia de Hamelin. Será a partir das 11:30 horas.

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo