Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto educando

DIRIXIDO A NENAS E NENOS DE 0 A 6 ANOS

Educando en familia

21/09/2021

O vindeiro luns, 27 de setembro, ás 11:00 horas nas instalacións da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo preséntase unha nova edición do programa Educando en familia, que conta co apoio da Concellaría de Ensino de Ribadeo.

Educando en familia é un programa educativo que vai dirixido ás familias con nenos/as de idades comprendidas entre os 0 e os 6 anos, co fin de contribuír á súa formación e axudar a desenvolver plenamente as capacidades dos seus fillos/as a través de actividades axeitadas a cada idade. 

Estas sesións son abertas a todos os nenos/as entre os 0 e 6 anos, aínda que asistan a outros centros educativos (colexios, escolas infantís...). 

Nesta primeira reunión informativa explicarase o funcionamento do curso, así como as actividades a realizar con nenos/as, sesións formativas, charlas... 

Para máis información as persoas interesadas poden contactar coa mestra-orientadora, Encarna, no teléfono 630 77 79 49.

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo