Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto vista Ribadeo

PARA BARCIA TRÁTASE DUN ERRO ENORME

Supresión da ESA

21/09/2021

O alcalde, Fernando Suárez, cualifica de intolerable a pretensión da Consellería de Educación de eliminar a educación secundaria para adultos que se imparte no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. Foi o Consello Escolar do centro o que lle comunicou a nova. O rexedor asegurou que o Concello ribadense loitará para que esta medida non se leve a cabo.

Suárez Barcia contou que "desde o Concello acabamos de ter coñecemento, a través do Consello Escolar do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, da pretensión de eliminar as ensinanzas de educación secundaria para adultos por parte da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. E desde logo consideramos intolerable perder un servizo educativo que ata este momento se ofertaba no noso concello".

O alcalde considera "un erro enorme eliminar estas ensinanzas xa que constitúen un dereito educativo básico, probablemente o único camiño de mellora que lle queda a moitas persoas do noso concello e dos arredores, que non teñen a titulación mínima esixida para calquera posto de traballo, no senso de que ademais suprimir estes estudos no noso concello supón de facto a imposibilidade de acadar esta titulación para toda esta xente".

Fernando Suárez sinalou que "Ribadeo debe ter unha oferta educativa variada e completa de acordo ao que supón poboacional e territorialmente o noso concello, e desde logo que quede claro que desde o Concello de Ribadeo habemos loitar para que non se faga efectiva esta vulneración dos dereitos educativos dos nosos veciños e veciñas".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo