Ayuntamiento de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto Cartel Teatro Foz

ABERTO A 15 PERSOAS

Obradoiro teatral

20/09/2021

Ribadeo acollerá un obradoiro teatral que se celebrará, o vindeiro sábado, 25 de setembro, previo á función teatral da compañía Anabel Díaz Producciones, "A casa de Bernarda Alba". Ás dúas actividades inclúense no ciclo Camiño Escena Norte, que trae á nosa comunidade compañías da cornixa cantábrica e leva a esas comunidades compañías galegas.

Segundo informa a Concellaría de Cultura ribadense o obradoiro, impartido pola directora da compañía, Anabel Díaz, abordará a contextualización do espectáculo A mamá: unha nova mirada da casa de Bernarda Alba.

Desenvolverase no vestíbulo do Auditorio Hernán Naval, na rúa Bos Aires, 14, en horario de 17:30 a 19:00 horas. O número máximo de participantes é de 15 persoas, que deberán coñecer o texto ou ben a historia e trama do espectáculo. O prezo é de balde.

Neste obradoiro debullarase esta versión, dentro da visión e lectura feminista de Anabel Díaz, da peza de Lorca nun encontro que servirá para contextualizar o espectáculo que, na mesma tarde, se poderá ver no Auditorio Municipal Hernán Naval.

A representación de La casa de Bernarda Alba dará comezo ás 20:30 horas.  

+ Noticias




© 2008 Concello de Ribadeo