Ayuntamiento de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto escolas deportivas

FORON PRESENTADAS NO CONCELLO

Escolas deportivas

15/09/2021

A Concellaría de Deportes anunciou a apertura do prazo de matrícula nas escolas deportivas de inverno. Vanse impartir once modalidades. As persoas interesadas poden inscribirse ata o día 30 de setembro.

O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, declarou que "outro ano máis vimos de abrir o prazo de matrícula das escolas deportivas desde hoxe, 15 de setembro, ata o día 30 deste mes. Comezarán as escolas nese período, como moi tarde a última que empezará será o 15 de outubro, e rematarán entre o 15 de maio e o 15 de xuño". 

O edil explicou que "son once modalidades deportivas: atletismo, baloncesto, fútbol, fútbol sala, hóckey liña, natación, pádel, patinaxe, ximnasia rítmica, rugby e tenis de mesa".

Jorge Díaz engadiu que "dada a situación que levamos arrastrando, que non fai falta xa mencionala máis pero que estamos a sufrir, queremos animar a todos os nenos e nenas, a todas as familias a apuntarse en calquera destas especialidades. Calquera delas vai ter os protocolos covid aos que estamos obrigados e, outro ano máis, esperemos que sexan de boa aceptación e que os nenos e as nenas desfruten, sobre todo do deporte".

No acto de presentación da escolas deportivas de inverno participaron ademais do edil de Deportes, o alcalde, Fernando Suárez, e o técnico municipal de Deportes, Iván López.

+ Noticias




© 2008 Concello de Ribadeo