Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto Fernando Suarez

RIBADEO PASEO DE 95 A 91 CASOS

Datos covid

29/07/2021

O alcalde, Fernando Suárez, cualifica coma boa nova o descenso de contaxios por covid, que pasaron de 95 na xornada de onte a 91 no día de hoxe. Barcia considera que "se entre todas e todos actuamos ben, sen dúbida que seguiremos baixando".

O rexedor dixo: "boa nova dentro da delicada situación sanitaria. Acabamos de ver como, logo de moitos días subindo, hoxe empezan a baixar os casos de positivos covid. 4 menos ca onte, quedando aínda en 91".

Suárez Barcia sinalou que "aínda son un bo feixe deles, que debemos ir baixando nos vindeiros días para ir reducindo o nivel de restricións alto no que se atopa Ribadeo. Ogallá hoxe poidamos dicir en termos de navegación, que xa pasamos o Cabo de Boa Esperanza. Se entre todas e todos actuamos ben, sen dúbida que seguiremos baixando".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo