Ayuntamiento de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto simulacro

PARTICIPARON 8 SOCORRISTAS E TRES TÉCNICOS SANITARIOS

Simulacros nas praias

22/07/2021

O servizo de socorrismo e salvamento do Concello de Ribadeo realizou hoxe catro simulacros nas praias de As Catedrais e Os Castros-As Illas.

En total participaron 8 socorristas e 3 sanitarios, que tiveron que sacar a varias persoas da auga. Os tempos empregados nos rescates nas Catedrais foron catro minutos e dez segundos e cinco minutois e trinta e cinco segundos e nos Castros-As Illas realizáronos en catro minutos e corenta segundos e en catro minutos e vintecinco segundos".

O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz Freije, dixo que "todos os anos se fan este tipo de actuacións para estar preparados para unha emerxencia" e agradeceu os esforzos realizados polo servizo de socorrismo do Concello de Ribadeo: "quero salientar e agradecer os esforzos que están a facer tanto os socorristas como os técnicos sanitarios porque todo isto é complexo".

Os simulacros causaron expectación entre as persoas que se atopaban nas Catedrais e nos Castros no momento no que tiveron lugar os rescates.

+ Noticias




© 2008 Concello de Ribadeo