Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto recepcion hoxe

COMO AGASALLO RECIBIU UNHA REPRODUCCIÓN DO FARO

Recepción

15/07/2021

A deportista ribadense Ana Iglesias Sobrino, que acaba de lograr o subcampionato de España de rugby 7 coa selección galega, foi recibida na Casa do Concello de Ribadeo polo alcalde, Fernando Suárez, e o concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, hoxe, xoves.

En primeiro lugar o edil de Deportes desculpou a ausencia da concelleira de Igualdade, Mari Luz Álvarez, que non puido asistir ao acto por motivos laborais. E a continuación Jorge Díaz agradeceu o esforzo de Ana Iglesias e "que leves o nome de Ribadeo a onde vas". Tamén comentou que o agasallo que lle entregaron foi elaborado á man pola Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña e reproduce o faro da illa Pancha.

O alcalde destacou o empeño de Ana Iglesias "en seguir demostrando que es das mellores a nivel galego e nivel de estado. É para nós unha honra recibirte unha e outra vez, e todas as que fagan falta. Temos que cambiar o trofeo para que non os teñas repetidos, pero para nós é unha honra que leves o nome de Ribadeo tan ben por aí adiante".

Ana Iglesias Sobrino deu as grazas e comentou que "agora estamos cos torneos de verán e a partir de agosto empezarei a pretempada para despois volver ás competicións".

No acto tamén participou o técnico de Deportes do Concello, Iván López.

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo