Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto rua Deputacion

COMENZAN A PARTIRES DO 10 DE FEBREIRO

Obras na rúa Deputación

02/02/2010

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, fixo público un bando no que informa que as obras de acondicionamento da rúa Deputación darán comenzo o vindeiro 10 de febreiro. Na primeira fase acometerase o treito comprendido entre as rúas San Francisco e Reinante e na segunda o que vai desde Reinante ata Ramón González. As obras que contan cun orzamento de máis de 350.000 euros son financiadas pola Sociedade Anónima de Xestión do Xacobeo. O rexedor tamén dirixiu unha carta aos veciños pedíndolles comprensión e disculpas polas molestias que poidan sofrir.

Documentación

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo