Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto contedor roupa

UNHA NOVA EMPRESA FAISE CARGO DA RECOLLIDA

Roupa e calzado

13/02/2021

Instalados dous novos contedores para a recollida de roupa e calzado. Están situados na rúa Rafael Fernández Cardoso e en Porcillán. Estes únense aos nove xa existentes en diferentes localizacións.

O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, explicou que "vai haber unha muda de contedores para roupa e calzado. Cambiamos de empresa, debido a un contrato que saíu a través da Mancomunidade, que ten unha duración de tres anos máis dous de prolongación e que o levou a empresa Texlimca".

O edil quixo "agradecer á anterior empresa, que era Humana, a súa colaboración e o seu traballo durante todos estes anos co Concello de Ribadeo. A verdade é que tivemos moi boa relación e todo foi favorable no trato que tivemos con eles".

Díaz Freije indicou que "actualmente temos nove puntos e van seguir eses nove nos mesmos sitios de recollida. Vanse ampliar dous máis, un en Rafael Fernández Cardoso e outro en Porcillán. Dicir que cambia un pouco esteticamente o contedor, xa que ten unha cor máis clara". 

O concelleiro de Medio Ambiente reiterou que "vai funcionar todo igual que antes. A roupa e o calzado teñen que ir en bolsas pechadas para botar ao contedor que vai estar serigrafiado e todo indicado. Nestes días coordinarase todo para que se poña en marcha e siga o servizo como estaba".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo