Ayuntamiento de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto Fernando

HAI QUE ACTUAR DE ACORDO COAS RECOMENDACIÓNS SANITARIAS

Datos de covid

20/11/2020

Ribadeo volveu hoxe ao nivel verde de contaxios por covid. O alcalde, Fernando Suárez, pide moita precaución e di que "de todos e cada un de nós dependen o Nadal, o inverno, a saúde…".

O rexedor comentou que "segundo os datos que hoxe publica a Consellería de Sanidade, Ribadeo volve ao nivel verde. Desde logo que é algo positivo, pero nesta montaña rusa de contaxios na que vivimos, temos que seguir tendo moitísima precaución e seguir actuando de acordo coas recomendacións sanitarias".

Suárez Barcia subliñou que "de todos e cada un de nós depende o Nadal, o inverno, a saúde,.... todo!".

+ Noticias




© 2008 Concello de Ribadeo