Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto expo Ribadeo

A MOSTRA FOI INAUGURADA ESTA MAÑÁ

Exposición sobre Carvalho Calero

16/11/2020

Ata o 22 de novembro pódese visitar na Oficina de Turimos de Ribadeo a exposición "Carvalho Calero en Lugo, Don Ricardo de Fingoi.

Desde hoxe e ata o 22 de novembro a Oficina de Turismo de Ribadeo acolle a exposición promovida polo colectivo Egeria "Carvalho Calero en Lugo, Don Ricardo de Fingoi", na que se lembran uns anos intensos na vida de Carvalho Calero: traballou no Colexio Fingoi, en Lugo, pero asemade leu a tese de doutoramento, ingresou na Real Academia Galega e comezou a escribir a Historia da Literatura Galega Contemporánea, unha das súas obras máis coñecidas.

A exposición, composta de 12 paneis, ten carácter itinerante. Instalouse primeiro e Lugo, e despois ao longo deste ano en vilas de toda a provincia. A Ribadeo chegou procedente de A Fonsagrada e desde aquí partirá para Triacastela. 

Ao acto de inauguración asistiron o presidente de Egeria, Xulio Xiz; Margarita Cela Carvalho, unha das netas de Carvalho Calero que traballa en Ribadeo, e o concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso. Colaboran co colectivo Egeria na montaxe desta mostra en Ribadeo as Concellarías de Cultura e de Turismo.

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo