Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto dispensadores

BARCIA PIDE COLABORACIÓN VECIÑAL

Actos vandálicos

13/10/2020

O alcalde, Fernando Suárez, cualifica de desprezables e reprobables os últimos actos vandálicos que se produciron na localidade tanto contra o patrimonio público como contra o privado. As forzas de seguridade están a investigar o sucedido para tentar localizar aos autores dos feitos.

Suárez Barcia dixo que "estamos asistindo nestes últimos tempos a ver desgraciadamente unha serie de actos vandálicos, sen xeito, contra o patrimonio público, que é de todos e de todas, ou incluso contra o patrimonio privado, que tamén nos doe a todos como se fora noso".

O alcalde declarou que "estamos vendo, nestes últimos tempos, dispensadores de xel, que o Concello pon nos parques, rotos e ciscados polo chan. Tamén diferentes pintadas en diferentes muros, en diferentes paredes do patrimonio público, e agora nesta noite anterior varios coches que apareceron con rodas pinchadas".

O rexedor sinalou: "eu non sei se estes actos están conectados ou se están feitos pola mesma persoa ou persoas. O que si sei é que tan só buscan facer o mal por mal. As forzas de seguridade están investigando os feitos con todo o esforzo, con todo o énfase e con toda a intensidade necesaria, pero se nunca é bo o momento para facer estes actos terribles, o momento social e económico ao que nos enfrontamos todos con esta pandemia, ao que nos estamos enfrontando como sociedade, fai que sexa aínda moito máis reprobable".

O alcalde pide que "se alguén puido ver algo, que o comunique ás autoridades para poder resolver canto antes estes incidentes desprezables e reprobables".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo