Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto Arcos

UNHA EXPERIENCIA ÚNICA COAS MAREAS MÁIS GRANDES DO ANO

Éxito da Ruta dos Arcos

22/09/2020

O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, fixo un balance moi positivo da edición especial da Xeoruta dos Arcos que tivo lugar a pasada fin de semana e na que participaron preto de 70 persoas.

O edil subliñou que "estamos moi satisfeitos da acollida que tivo a edición especial da Xeoruta dos Arcos, esta pasada fin de semana, concretamente o venres, o sábado e o domingo".

Pablo Vizoso explicou que "foron preto de 70 as persoas que puideron participar nesta experiencia única. Podemos denominala como única porque só se pode vivir unha vez ao ano, coincidindo coas mareas máis grandes deste 2020, e que na baixamar nos permitiron visitar a totalidade do monumento natural da praia das Catedrais. Precisamente partindo deste areal, o percorrido levounos a coñecer polo miúdo todas as formacións rochosas, chegando incluso ata a praia de Esteiro".

O concelleiro agarda que "a visita fose do agrado de todos os participantes, e confiamos poder repetir experiencias únicas como esta nos vindeiros anos".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo