CADA VEZ SELECCIONAN MÁIS E MELLOR O LIXO
O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, felicita aos veciños de Ribadeo polo seu bó comportamento coa recollida selectiva de lixo.
O edil nacionalista sinala que "grazas á súa actitude, agás no mes de febreiro, estamos entre o 22 e o 30% de indebidos. Estes datos son para felicitar aos nosos veciños, porque así reducimos o que lle temos que pagar a Sogama".
Cupeiro dixo que "ainda así sempre hai algún desaprensivo que fai cousas raras. Hoxe pola mañá collemos a unha persoa desas que tanto escriben e falan nos medios de comunicación tirando unha televisión no contedor verde. Temos un punto limpo para tirar estes residuos, entón ésta non é a mellor maneira de proceder en canto á recollida selectiva".
Coñece a oferta cultural e os equipamentos de Ribadeo
Consulta o PXOM e outros documentos de interese urbanístico
Promovemos a economía local e o emprego
Infórmate sobre os servizos sociais que presta o Concello
Axúdanos a conseguir un Ribadeo sen discriminacións
Loitamos pola conservación do noso medio natural
© 2008 Concello de Ribadeo