Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto dilvulga

O CONCELLO COLABORA COA DIVULGACIÓN DESTA ACTIVIDADE

Extracción de resina

03/08/2020

O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias, de Ribadeo, acollerá este venres, 7 de agosto, unha xornada divulgativa sobre técnicas de extracción de resina. Tamén durante agosto e setembro se desenvolverá un curso formativo centrado na mesma temática. Ambas accións serán impartidas por técnicos/as de Foresin e financiadas polo Agacal.

O concelleiro de Medio Rural, Jesús Mundiña, explicou que "nesta Concellaría recibimos de Erika Martínez Carreira, directora xeral de Foresin, empresa de consultoría e enxeñería ambiental con sede en Sarria (Lugo), información de que se van desenvolver no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias, de Vilaframil, unha xornada divulgativa e un curso formativo sobre técnicas de extracción de resina impartidos por técnicos/as desta empresa e financiadas polo Agacal". O calendario e os requisitos para asistir a estas accións formativas son os seguintes:

O venres, 7 de agosto, terá lugar a acción divulgativa sobre o potencial resineiro nos piñeirais galegos cunha duración de 4 horas.
-Xornada teórica de 17:00 a 18:30 horas, impartida no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias.

-Xornada práctica de 18:30 a 21:00 horas, consistente nunha demostración in situ sobre un piñeiral da zona.

Para complementar a formación, impartirase un curso formativo sobre técnicas de extracción de resina cunha duración de 60 horas no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias.  As datas e horarios do curso son 17, 18, 19, 24 e 25 de agosto e 7, 8, 14, 15 e 19 de setembro en horario de 8:00 a 14:00 horas.

Para poder asistir, tanto á xornada divulgativa como ao curso formativo, os interesados deben reservar a súa praza chamando ao 680 20 83 20. 

Ambas accións están financiadas polo Agacal a través da liña 1M01: Accións de transferencia de coñecementos e información (art. 14), Submedida: 1.1. apoio ás accións de formación profesional e adquisición de competencias do PDR de Galicia 2014-2020. Accións cofinanciadas co 75% FEADER. 

Jesús Mundiña subliñou que "con esta información queremos colaborar co Centro de Formación Pedro Murias na divulgación de accións formativas para o noso sector agroforestal. Estas que se anuncian son, sen dúbida, novedosas pola temática que abordan".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo