Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto Senda Costa

UN MARCO MOI ATRACTIVO E NATURAL E UN GRANDE RECLAMO

Senda da Costa

31/07/2020

O Concello realiza traballos de adecentamento da Senda da Costa. O edil de Medio Ambiente agarda que estea lista para o seu disfrute a vindeira semana. Jorge Díaz criticou que a Xunta non se encargue agora destas tarefas, das que se teñen que ocupar os Concellos.

O concelleiro nacionalista dixo que "levamos xa uns días traballando no que é o mantemento da Senda da Costa, no que atinxe ao Concello de Ribadeo. É novidoso porque isto era una competencia da Xunta, era algo que a Xunta viña facendo e nos devolveu aos Concellos da Ruta do Cantábrico, esta competencia". 

Para Jorge Díaz "a nosa sorpresa é que este traballo agora témolo que facer nós. É un traballo bastante complexo, porque hai que transportar a maquinaria practicamente toda a senda ao lombo". O edil de Medio Ambiente comentou que "é una senda moi atractiva, moi natural, dunha gran vistosidade e aparte é un reclamo, porque pasa moita xente por alí. Entonces volver recalcar que a Xunta pide colaboración cos Concellos, que me parece estupendo, pero é que os Concellos tamén pedimos colaboración coa Xunta. Eu creo que pasar a pelota non é una colaboración que digamos. Eu creo que antes habería outras solucións. Penso que eles terán persoal, que tamén o podía facer perfectamente sen cargar todo isto ao Concello de Ribadeo". 

Díaz Freije considera que "estes traballos poderán estar listos estes días. A principios da semana que ven eu creo que estará completamente lista a Senda da Costa para que a xente poida dar un paseo, andar en bicicleta, facer deporte ou facer unha visita a ese entorno".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo