Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

ESTÁN PROHIBIDOS OS BOTELLÓNS POR PARTE DE SANIDADE

Bando sobre a Xira

31/07/2020

O vindeiro domingo, 2 de agosto, tería que celebrarse a tradicional Xira a Santa Cruz, que foi cancelada por mor do Covid-19. No Bando da Alcaldía publicado esta tarde dise que "en ningún momento se pretende prohibir o acceso ao Monte de Santa Cruz, iso sí, como medida preventiva e ante posibles aglomeracións recoméndase non facelo".

No Bando engádese que "quen acuda ao Monte de Santa Cruz o 2 de agosto, como non podería ser doutra forma, debería cumprir estritamente cos todas as normas sanitarias vixentes en canso ao uso de máscara, número de persoas por grupo, distanciamento social, etc. Ante a excepcionalidade da situación, aumentarase o control e vixilancia polas autoridades da orde pública ao longo de toda a xornada".

E engade: "faise especial fincapé en que os botellóns están prohobidos pola Consellería de Sanidade".

Documentación

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo