Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto rescate Ribadeo

HABÍA BASTANTE OLEAXE NO MAR, SEGUNDO RELATOU DÍAZ FREIJE

Simulacros de salvamento

28/07/2020

O servizo de socorrismo e salvamento do Concello de Ribadeo realizou este mediodía dous simulacros nas praias de As Catedrais e Os Castros-As Illas.

Nas Catedrais participaron 4 socorristas e un técnico sanitario ademais do coordinador, que empregaron pouco máis de seis minutos en sacar da praia á vítima, unha persoa que quedou inconsciente na auga, e que foi asistida na area, onde ademais foi inmobilizada. 

Nos Castros os socorristas tiveron que rescatar a dúas persoas: "un dos casos foi máis complicado que o outro, debido a que o bañista se atopaba nunha zona perigosa", segundo explicou o concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz Freije. Neste caso os socorristas empregaron pouco máis de 4 minutos en efectuar os rescates.

Díaz Freije, dixo que "todos os anos se fan este tipo de actuacións para estar preparados para unha emerxencia e quero salientar e agradecer os esforzos que están a facer tanto os socorristas como os técnicos sanitarios porque todo isto é complexo. Ademais hoxe o mar estaba bastante complicado porque había moita oleaxe".

Os dous simulacros, nos que participaron en total 8 socorristas, 2 sanitarios e a zodiac de salvamento, causaron expectación entre as persoas que se atopaban nas Catedrais e nos Castros nese momento.

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo