Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

BARCIA DI QUE "IMOS BEN, PERO TEMOS QUE IR MELLOR"

Datos do Covid, hoxe

16/07/2020

Seguen en descenso os contactos en seguimento en Ribadeo. Hoxe son 14 e 2 os positivos por coronavirus.

O alcalde, Fernando Suárez, comentou que "recibimos agora o correo diario que nos envían desde a Consellería de Sanidade. Imos ben porque mantemos os dous positivos, pero temos que ir mellor porque non temos que ter ningún. Hai signos esperanzadores porque os contactos en seguimento seguen a baixar. Hoxe temos 14, catro menos ca onte".

Para o rexedor é preciso seguir "todos comprometéndonos e coidándonos a nós mesmos. Será a garantía para coidar aos demais. Para os da casa e para os de fóra. Seguimos. Saúde".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo