Ayuntamiento de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto Concello

O REXEDOR AGARDA QUE A MELLORÍA CONTINÚA

Seguen mellorando os datos

13/07/2020

Baixan os casos de persoas en seguimento en Ribadeo. De 24 onte pasaron hoxe a 21. O número de contaxiados por covid segue a ser de 3.

O alcalde, Fernando Suárez, nas súas redes sociais contou que "hoxe si que os alcaldes/as da Mariña fomos convocados a unha nova vídeo conferencia para tratar a situación do coronavirus na comarca (¡que curioso que sábado de reflexión e domingo de votación non! En fin...)".

O rexedor explicou que "da información que nos dá a Xunta vemos que seguimos con tres casos aínda que, afortunadamente, seguen baixando as persoas que están en seguimento: hoxe 21, tres menos ca onte".

Suárez Barcia considera que "temos nas nosas mans (nas de todos e todas nós) seguir protexéndonos e actuarmos con responsabilidade e a ver se mañá ou pasado puideramos baixar o número de casos. Fagámolo pois así. ¡Seguimos!".

+ Noticias




© 2008 Concello de Ribadeo