Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

O ALCALDE CHAMA Á RESPONSABILIDADE DA VECIÑANZA

Casos confirmados de Covid-19

08/07/2020

O Concello recibiu a última hora da tarde confirmación da Xunta de Galicia de 4 casos activos por contaxio de coronavirus que residen en Ribadeo e de 20 contactos estreitos en seguimento actualmente.

Aquelas persoas que proveñan doutras comunidades autónomas ou doutros países e que non teñan posibilidade de dirixirse ao médico de cabeceira si sofren algún tipo de sintomatoloxía poden dirixirse ao 881 00 20 21, teléfono no que serán atendidos e avaliados, segundo as autoridades sanitarias.

O alcalde, Fernando Suárez, fai unha chamada á responsabilidade da veciñanza e dos visitantes "para que empreguen sempre máscara, para que manteñan o distanciamento social e tamén unha importante hixiene das mans. Se non baixamos a garda poderemos facerlle fronte a este virus".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo