Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

SERÁ A PARTIRES DAS DOCE DA NOITE E DURANTE CINCO DÍAS

A Mariña, confinada nunhas horas

05/07/2020

O alcalde, Fernando Suárez, di que, aínda que a incidencia do rebrote por Covid-19 en Ribadeo é moito menor á doutros concellos da comarca, hai que cumprir e facer cumprir as medidas decretadas pola Xunta de Galicia para parar isto canto antes e retornar á nova normalidade.

O rexedor fixo que "logo de manter a vídeo xuntanza cos responsables políticos da Xunta desde Ribadeo non podemos ser alleos ao que pasa na Mariña porque é a nosa comarca. Sabemos polos datos oficiais que nos acaban de pasar desde a Xunta que o noso concello non ten unha incidencia alta de afectados senón todo o contrario; de feito nos últimos sete días só houbo un caso e nos últimos tres días só se volveu dar outro caso. Son cifras moi distanciadas das de outros concellos da Mariña". 

Suárez Barcia considera que "para parar todo isto temos que actuar como se estivésemos sufrindo un maior número de casos. Polo tanto temos que cumprir e facer cumprir o que a Xunta nos indique no que vai publicar no Diario Oficial de Galicia esta tarde. Pero eu especialmente quero dicir, pausado pero con toda a firmeza, que o uso obrigatorio da máscara é necesario sempre, tanto no interior dos locais como na vía pública; o mantemento da distancia física e o compromiso de cumprir as instrucións que nos dean".

O alcalde subliñou que "estamos a principios do verán e segundo nos din na Xunta van ser durante 5 días estas medidas excepcionais polo que tanto os de aquí como os que estean aquí durante este tempo temos que comprometernos a cumprir escrupulosamente todas estas instrucións. Estou seguro de que se o facemos así para a semana que vén poderemos reanudar a nova normalidade".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo