Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto Devesa

BARCIA AGARDA QUE ACABEN ESTE MES

Obras na Devesa

26/06/2020

Deron comezo as obras para mellorar a presión da auga na zona da Devesa. O alcalde, Fernando Suárez, subliñou que son uns traballos moi necesarios. O investimento ascende a uns 100.000 euros.

O rexedor explicou que "se trata de dar conta que nestes días se están executando unhas obras, moi necesarias, en canto a subministro de auga na zona da Devesa, nun entorno onde na época estival nestes últimos anos producíronse cortes repentinos de auga tamén por falta de presión". 

Suárez Barcia dixo que "agora, para resolver esta situación definitivamente, dentro das medidas de colaboración recollidas no contrato de concesión coa empresa Viaqua, vendo evidentemente estas deficiencias que temos nesta zona, acordamos ampliar cunha nova tubaxe de auga e imos poñer en funcionamento un depósito sen uso na propia parroquia da Devesa. Para iso imos facer unha nova canalización, imos levar auga desde o lugar da Madanela ata este depósito da Devesa, que está na subida cara a Noceda, a través dunha tubaxe cunha lonxitude de aproximadamente 3.000 metros".

O alcalde sinalou que "neste caso a obra é beneficiosa para ambas partes, pola redución nas intervencións que se estaban levando a cabo pola falta de auga e ao mesmo tempo a concesionaria cifra nun custo de máis de 100.000 euros e conta rematala a final deste mes".

Fernando Suárez manifestou que "durante este tempo seguramente haxa molestias. Pode haber algún corte de auga e pode haber algún corte da vía pública por mor das obras que se están facendo. Por iso queremos pedir desculpas aos veciños, polas molestias, pero sabendo que isto vai redundar nun mellor servizo e espero que se vexa xa neste verán".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo