Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto Concello

BARCIA PIDE TRABALLO COMO SOCIEDADE PARA NON RETROCEDER

Non hai positivos en Ribadeo

25/06/2020

O alcalde, Fernando Suárez, confirmou coas autoridades sanitarias que non hai positivos por coronavirus en Ribadeo neste momento. O rexedor dixo que a situación é moi cambiante e que non se sabe como será nos vindeiros días. Suárez Barcia fixo unha chamada á tranquilidade, á prudencia e á responsabilidade.

O alcalde declarou que "consultado coa Xefatura Territorial de Sanidade de Lugo, me informan que, a esta hora, non hai ningún caso en Ribadeo. Evidentemente a situación é moi cambiante polo que ninguén pode asegurar como vai ser mañá, pasado ou dentro de dúas semanas. Polo tanto eu quero mandar unha mensaxe de tranquilidade, de prudencia e de responsabilidade".

O rexedor subliñou que "debemos todos e todas ser moi prudentes coas nosas actuacións e debemos traballar como sociedade para que o esforzo terrible do confinamento valese para algo. De nada vai servir se agora, na nova normalidade, relaxamos as normas de distancia física, permitimos ou participamos en aglomeracións descontroladas, etc…".

Suárez Barcia engadiu que "isto desde logo que vai para todos, para os que vivimos aquí todo o ano e para os que veñan visitarnos nos próximos tempos. Debemos facer noso o dito de máis vale previr que logo ter lamentar. Curémonos pois en saúde".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo