Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto Youtubeiros

OS TRABALLOS PODEN PRESENTARSE ATA O 23 DE OUTUBRO

Youtubeir@s 2020

29/05/2020

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, anima aos xoves de máis de 14 anos a participar no concurso Youtubeiros 2020. Esta cita ten como obxectivo a creación de vídeos en galego e así aumentar a presenza da nosa cultura nas redes.

A edil contou que "xa están publicadas as bases dos premios Youtubeiros 2020, que teñen como finalidade animar á creación de vídeos en galego e así aumentar a presenza da nosa cultura nas redes. Esta convocatoria está aberta a todas as persoas maiores de 14 anos. Pódese participar cun so vídeo, con varios vídeos ou incluso cunha canle de calquera temática ou formato sempre que se promova unha mensaxe adecuada. A participación está aberta ao ámbito internacional e é de balde".

Otero Cabarcos engadiu: "como dixemos cada participante pode inscribir tantos vídeos ou canles coma desexe e hai un total de 12 premios: 3 principais, valorados en 1000 euros cada un; e 9 premios de 500 euros cada un. Animamos a toda a poboación ribadense a participar nesta iniciativa que apoiamos desde a Área de Cultura. Consultade as bases no Facebook de Cultura e animádevos!".

Documentación

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo